O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A parroquia de Rarís abre a celebración do entroido dos xenerais da Ulla en toda a comarca sendo os máis madrugadores. Despois de semanas de preparativos e ensaios e cinco anos sen saír os xenerais e correos volven a subir ao cabalo acompañados de comparsas e charanga. O domingo 28 comeza a gran festa do entroido en Rarís que sairán antes do mediodía e rematarán a celebración no campo da festa ó redor das 20:00 horas.
Ata oito atranques en Teo
En Teo outras parroquias siguen preparando o entroido. Os días 3 e 4 Reis recolle a testemuña de Rarís e sairán en dúas xornadas nas que terán atranque. Na fin de semana grande do entroido, os días 10 e 11 de febreiro, temos cita dobre. O sábado celébrase en Teo e en Cacheiras e o domingo en Cacheiras.
Este ano remata a parroquia de Bamonde o 17 de febreiro.
Nas últimas semanas realizouse un traballo de coordinación entre as comisións organizadoras do entroido e a DXT para poder realizar os pasos das comparsas polas vías públicas coa menor incidencia posible no tráfico rodado.