O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Toysal promove en Industria un plan de restauración da Canteira de Casalonga que inclúe tecnosolos

| compartir:

O Concello vén de recibir, este venres 14 de setembro, unha Solicitude de informe sobre o plan de restauración para a concesión da explotación "Casalonga" número 6996. Este plan de restauración da antiga canteira da Casalonga está promovido pola empresa Toysal, propietaria das parcelas e da cuadrícula mineira que da dereito á explotación da mina. Podes consultar aquí a solicitude da Xunta.

Podes consultar o plan de restauración presentado por Toysal premendo aquí

O Concello de Teo dispón de 10 días hábiles para "a emisión do correspondente informe sobre materias da súa competencia". Neste caso a única competencia sería urbanística. Os servizos técnicos xa están revisando o Plan de restauración e nos próximos días teremos máis datos sobre o sentido do informe municipal.

Dende o departamento de Urbanismo xa se ten solicitado dende hai días unha entrevista co Director Xeral de Minas, Ángel Bernardo Tahoces, na que se pedía precisamente información sobre o plan de restauración.

A empresa Toysal recolle no documento presentado na Xunta o listado de materiais cos que pretende rechear o oco da canteria xa explotada. Concretamente son inertes obtidos dos seguintes procesos: residuos de prospeccióin, extracción de minas e tratamentos físicos e de minerais; residuos de procesos térmicos; da construcción e demolición e residuos municipais. Segundo o mesmo documento, que podes consultar premendo aquí,  o volume total de inertes que queren empregar na restauración será de 9.186.694,4 metros cúbicos. O plan recolle que "segundo se vaia rematando a fase de remodelación do terreo, é dicir, o recheo do oco de explotación, progresivamente se procederá ó estendido da capa de material coas características necesarias para que se produza unha correcta revexetación. Esta última capa podería ser a propia terra vexetal, retirada e acopiada previamente á explotación do recurso, ou un substituto da mesma como poden ser como poden ser os tecnosolos.

Información á plataforma

Esta mesma mañá dende Urbanismo  xa se falou cos representantes da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos para informar desta nova solicitude da Xunta de Galicia. 

canteira

Arquivos descargables