O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Educación convoca as axudas para material e transporte deste curso

| compartir:

O Departamento de Educación de Teo convocou as axudas para o ensino e o transporte do curso 2018-2019, que contan cunha dotación de 35.000 euros. Estas bolsas cobren gastos de material escolar, libros de texto e contidos dixitais, así como os de transporte a centros situados fóra da área metropolitana.

Quen pode solicitar?

A axuda de ensino pode pedirse para alumnado de Primaria e Infantil de todos os centros públicos do municipio, para estudantes da ESO e de Bacharelato nos IES de Cacheiras ou Pontepedriña ou en calquera outro instituto no que se cursen modalidades que non existan nos de aquí, para alumnado de FP ou PCPI de calquera centro público, e para alumnado universitario ou de ensinanzas de réxime especial ou artísticas superiores de calquera centro galego.

O alumnado con necesidades educativas especiais que non poida ser escolarizado en Teo poderá solicitar axuda para asistir a centros específicos. A axuda para transporte poden solicitala estudantes de centros de fóra da área metropolitana que cursen FP, PCPI, Bacharelato no IES de Pontepedriña ou noutro IES en modalidades que non existan en Teo, estudos universitarios ou artísticos superiores.

Que condicións deben cumprirse?

Para solicitar estas bolsas hai que figurar no padrón municipal de Teo. A renda per cápita da unidade familiar non poderá superar os 6.000 euros para axudas de ensino e os 4.000 euros per cápita para axudas de transporte.

O impreso da solicitude, que se pode obter no Concello ou na web municipal, debe ir acompañado das fotocopias do DNI de quen solicite, do libro de familia e da declaración da renda de 2017, así como as facturas orixinais ou copia cotexada das facturas do gasto en material, o certificado de matrícula, unha declaración responsable de estar ao corrente das obrigas tributarias e da Seguridade Social e unha autorización ao Concello para comprobacións. Segundo os casos, tamén se incluirá diversa documentación sobre a situación socioeconómica da familia.

Cando e onde se presenta a solicitude?

As peticións poden presentarse no rexistro xeral do Concello de Teo de luns a venres entre as 8:00 e as 14:00 horas, ou ben a través da sede electrónica durante as 24 horas. A data límite é o 14 de xaneiro.

En Infantil, Primaria ESO e PCPI as axudas de ensino terán un importe máximo de 100 euros. O alumnado con necesidades educativas especiais, de Bacharelato e de FP poderá chegar aos 150 euros. En estudos universitarios e de ensinanzas artísticas o máximo son 200 euros. E as axudas para o transporte teñen un tope de 200 euros

Consulta aquí a convocatoria de bolsas completa

libro