O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O mestre César Bona ofrecerá a conferencia A emoción de aprender este venres 3 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio
Constante Liste da Ramallosa. O considerado un dos cincuenta mellores mestres do mundo no Global Teacher Prize
tratará diversos aspectos sobre a educación.
Debido a gran asistencia de público que se prevé para a conferencia o Concello esteblece un sistema de reserva e recollida de entradas para favorecer a gratuidade do evento priorizando os/as empadroados/as en Teo, así como o profesorado deste concello, e despois e ata cubrir prazas os de fóra deste.
Condicións:
Terán prioridade as persoas empadroadas en Teo e aquel profesorado que estea dando clase nos centros do Concello. Cada persoa recibirá, xunto coa súa entrada outra para un/unha acompañante.
Reserva de entradas:
No momento de realizar a reserva debe indicarse o nome e apelidos da persoa que queira asistir á conferencia para realizar a correspondente comprobación no Padrón de Habitantes, así como nos centros do Concello. Poderase reservar a entrada por teléfono no 881956010 ou de maneira presencial no Departamento de Cultura e Educación, na Biblioteca do Grilo, na Biblioteca dos Tilos ou na Aula de Informática municipal.
Recollida de entradas:
Realizarase nos lugares indicados anteriormente unha vez comprobado o empadroamento ata o 30 de abril. No caso de quedar entradas libres, abrirase un novo prazo non suxeito a estas condicións, para as persoas de fóra do Concello.
Día da conferencia:
Solicítase puntualidade. Unha vez comezada a conferencia, aínda contando coa entrada non se permitirá o acceso a esta.