O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Concello recibiu unha comunicación do Ministerio de Facenda sobre un expediente de inscripción rexistral de varias parcelas do termo municipal, procedentes de propietarios descoñecidos.
Podes consultar aquí a comunicación completa de Facenda e o listado das fincas
Podes consultar aquí os planos das fincas
O anuncio remitido por Facenda estará en exposición ata o 29 de agosto por se existen persoas que acrediten algún dereito sobre as parcelas afectadas que neste prazo poidan presentar alegacións ao procedemento polo que Facenda vai proceder a rexistralas baixo a súa titularidade.
Todas as fincas afectadas neste expediente pertencen á concentración de Calo.
Se hai persoas usando estas fincas que poidan acreditar a súa titularidade poden alegar diante da delegación de Facenda en Galicia ata o 29 de agosto acompañando os xustificantes que fundamenten a alegación. No caso de que se cuestione a propiedade as persoas interesadas deben aportar os títulos orixinais que acrediten o seu dereito ou unha copia compulsada dos mesmos.
Attachment | Size |
---|---|
comunicacioninscricionregistral.pdf | 2.55 MB |
planosfincas.pdf | 11.36 MB |