O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello convoca xuntanzas informativas nas parroquias de Calo e Cacheiras para informar aos propietarios/as de fincas nas franxas de protección da posibilidade que teñen de asinar convenios de limpeza con Seaga, dun xeito previo a apertura de expedientes sancionadores e execución subsidiaria da limpeza das fincas.
A reunión en Calo será o martes 16 ás 20:00 horas no Restaurante San Martiño e en Cacheiras o mércores 17 na Casa Común da Torre ás 20:00 horas. Nas xuntanzas haberá persoal da Xunta e de Seaga para informar aos propietarios das obrigas de limpeza de fincas que teñen e as opcións que oferta a administración autonómica.
Aldeas priorizadas
A Xunta e a Fegamp estableceron un convenio de protección das aldeas fronte aos incendios forestais ao que podían adherirse os Concellos para ofertar aos propietarios a posibilidade de asinar un contrato para que a limpeza a execute Seaga. O Concello de Teo está adherido e ademais dentro do termo municipal establecéronse as zonas de Calo e Cacheiras como prioritarias.
A Xunta estableceu nucleos prioritarios en función da actividade incendiaria e consonte a uns criterios obxectivos, relacionados coa virulencia dos lumes, coa superficie afectada, co risco de ocorrencia de incendios e cos medios e a planificación adoptada para facerlles fronte. Nestas parroquias, a cambio dun prezo fixo de 350 euros por hectárea, é dicir, 35 euros por cada mil metros cadrados, a Xunta procederá á súa limpeza, sen ningún tipo de pago adicional por parte dos propietarios.
As persoas interesadas en asinar estes contratos poden achegarse a estas xuntanzas informativas ou achegarse ao Concello para informarse. Unha vez asinado o contrato de xestión de biomadas, Medio Rural fará a limpeza e os titulares dos terreos só terán que pagar eses 350 euros por hectárea, un prezo fixo axustado e vantaxoso con respecto ao prezos de mercado pola execución destes traballos, segundo informan dende Medio Rural.