O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Libreteo, unha xornada sobre o coñecemento libre, organizada pola asociación Aberteo celébrase o 23 de novembro no Auditorio Municipal Constante Liste. A actividade conta coa colaboración do Concello.
Nesta edición o Libreteo comeza ás 10:00 horas cunha charla de presentación da Asociación Aberteo con Iván Tourís, o presidente da mesma. Ás 10:15 Iñaki Quenerapú falará de economía de troco. A continuación, ás 10:30 horas Adrián Serantes, voluntario do Banco municipal de electrónica contará o funcionamento do mesmo. Ás 10:45 volve ao escenario Iñaki Quenerapú para falar de Hacktivismo. Para estas charlas non é preciso anotarse e son de acceso libre.
Ás 11:00 horas realízase un obradoiro de clown para nenos/as con prazas limitadas. Se che presta anotarte podes facelo premendo aquí. Este obradoiro de clown tamén se fará para persoas adultas ás 13:00 horas e podes anotarde aquí. Jorge Lama falará dende as 12:00 horas de Openstreetmap e neste caso tamén hai prazas limitadas.
Xa pola tarde arrancan coa charla sobre mensaxería segura a cargo de Oriana Rey. De seguindo Quenerapú explicará como facer sitios web con Trece ás 16:15 horas. A reciclaxe terá o seu espazo na conversa das 16:30 horas con Adrián Serantes. Ás 16:45 Iván Tourís explicará o potencial das raspberry pi. Oriana Rey tamén fará un percorrido pola evolución dos medios o o mostro internet nunha charla ás 18:00 horas.
Ás 17:00 horas haberá un obradoiro de radio para nenos con Miguel Castro. O mesmo obradoiro para adultos será ás 19:00 horas. Podes anotarde nalgún deles aquí.
A xornada rematará coa entrega dos premios do concurso de verso libre. As bases deste singular concurso podes consultalas na web do Libreteo.
Consulta a programación completa do Libreteo premendo aquí
Iván Tourís, presidente de Aberteo debulla o programa da xornada nunha conversa con Fran Campos en Radio Estrada. Podes escoitala premendo aquí.