O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Comisión da Infancia e Adolescencia do Congreso dos Deputados por terceiro ano consecutivo tomou nota das ideas e propostas que teñen os nenos e nenas do estado sobre como construír unha sociedade mellor para todos. A consolidación destes encontro parlamentarios, nos que o Congreso dos Deputados abre as súas portas para escoitar a xuventude evidencia a importancia crecente que ten o dereito á participación diante do órgano lexislativo estatal.
Jesús Angueira, veciño de Oza de 12 anos, é membro do Consello Local da Infancia e Adolescencia de Teo e hoxe interviu no Congreso xunto con outros oito mozos e mozas do resto do Estado. Foi ademais o único seleccionado de Galicia para falar na Comisión da Infancia e Adolescencia e fíxoo sobre identidades e diversidade. Os/as participantes falaron diante dos/as deputados/as das conclusións do V Encontro Estatal de Consellos de participación infantil que se plasmaron no Manifesto de Oviedo.
As intervencións abordaron temas como a participación, as redes sociais (ciberacoso), as identidades e a diversidade, a educación, a igualdade de xénero, o cambio climático e o modelo de coidados que, dende o seu punto de vista, son os problemas que decidiron abordar.
Jesús presentou as conclusións sobre a identidade e a igualdade, afirmando o seguinte: "A discriminación, a homofobia e a transfobia son problemas reais para os nenos, aínda que haxa adultos que non o queiran ver. O acoso non se pode tolerar na casa, nin nas escolas nin en ningún outro lugar". Propouxo "combatir a discriminación educando na tolerancia, fomentando a educación en valores nos centros de ensino e involucrando aos medios de comunicación con campañas para sensibilizar á sociedade sobre esta problemática".
Outros aspectos como a preocupación polo medio ambiente e o cambio climático, a defensa dunha educación pública de calidade, as desigualdades ou os hábitos saudables foron outros temas dos que se falou hoxe en Madrid, coa voz dos nenos e nenas que represetaban a infancia e adolescencia de moitas vilas e cidades. Descataron tamén a importancia deste encontro para visibilizar a importancia da participación da infancia.
A infancia opina
"A infancia opina" é unha estratexia da Plataforma da Infancia impulsada coa colaboración do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade para articular a construción da cidadanía de nenos, nenas e adolescentes a través da súa participación nas políticas que lles afectan e o seguemento da aplicación dos seus dereitos http://plataformadeinfancia.org/estrategia-la-infancia-opina/
Cidades amigas da infancia
Cidades amigas da infancia é unha iniciativa internacional de UNICEF. En España está liderada polo Comité Español de UNICEF en colaboración co Ministerio de Sanidade, de Consumo e da Seguridade Social, A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) eo Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos do Neno e do Adolescente (IUNDIA). O seu obxectivo é proxectar e implantar políticas públicas efectivas para mellorar o benestar infantil, defendendo os seus dereitos, incentivando a súa participación e facer as cidades máis habitables, especialmente para ambientes máis novos. En España máis de 41% dos nenos e adolescentes, vive nun dos 274 gobernos locais que están ligadas á iniciativa. Teo é dende o pasado mes de outubro un deses municipios. O traballo realizado pola infancia e adolescencia de Teo coordinados dende o servizo municipal de Benestar e Mocidade fixo que o pasado ano Teo se convertira nunha Cidade amiga da infancia.