O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
A corporación teense reúnese este mércores 27 de abril na sesión ordinaria do mes de marzo. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas.
O pleno aprobou en xaneiro a adhesión do Concello ao Protocolo xeral de actuación entre a Xunta e a Fegamp para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia mediante a creación da iniciativa "Concellos Doing Business Galicia". Este protocolo establece como obrigas a modificación das ordenanzas fiscais do ICIO, IAE e IBI incorporando bonificacións específicas para as empresas xeradoras de emprego. Neste pleno de marzo votaranse as modificacións destas ordenanzas.
A orde do día ten os seguintes puntos: