O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello abre o prazo para solicitar praza de NOVO INGRESO nas EIMs (escolas infantís municipais) de Teo para o curso 2020/2021. Os centros públicos de Teo son as escolas infantís de Calo, Os Tilos e A Ramallosa.
O prazo de solicitude de praza quedara suspendido polo estado de alarma. Dado que o estado de alarma se alonga e que a tramitación administrativa da solicitude e adxudicación de prazas nas EIMs é longo acordouse continuar con esta tramitación, de moito interese para as familias con nenos/as pequenos/as. Podes consultar aquí a resolución da alcaldía na que se acorda seguir con esta tramitación.
O prazo para solicitar praza de NOVO INGRESO nas EIMs para o curso 2020/2021 abarcará dende o día 13 de maio ata o 2 de xuño de 2020.
Poderanse presentar as correspondentes solicitudes tanto no Rexistro Xeral do Concello como na sede electrónica. Como as oficinas físicas do Concello non abrirán ao público ata o luns 18, dende o 13 ata o 18 a presentación só se poderá facer a través da sede electrónica do Concello.
Descarga aquí o impreso de solicitude.
Descarga aquí as táboas informativas con datos sobre a baremación e a taxa polo servizo.
A solicitude, debidamente cuberta, deber ir acompañada da seguinte documentación:
E en casos nos que se deba xustificar algunha circunstancia específiva pode ser preciso achegar:
Modificación do regulamento
De cara a este proceso de admisión de alumnado nas escolas infantís municipais tamén entra en vigor unha modificación do regulamento de funcionamento dos centros. Concretamente os nenos e nenas con necesidades educativas especiais terán prioridade, só por detrás daquelas reservadas para ingresos urxentes xustificados.
Prazas na actualidade
Na quenda de mañá, a escola infantil municipal de Calo dispón de 56 prazas, a da Ramallosa de 69 e a dos Tilos de 41, distribuídas en niveis de idade de ata un ano, de un a dous anos e de dous a tres anos. En Calo dispoñen de 8 prazas para o primeiro grupo, 13 para o segundo e 20 para o terceiro, ademais dun internivel con 15 prazas. Na Ramallosa neste curso os grupos son de 8, 26, 20 e 15 prazas. Nos Tilos as prazas repártense en 8, 13 e 20 por cada grupo. Este reparto pode variar para adaptarse mellor á realidade da demanda do vindeiro curso e sobre todo a calquera indicación derivada da crise sanitaria da Covid-19.
Para calquera consulta ou dúbida sobre este procedemento poden dirixirse ao correo electrónico: eimteo@teo.gal ou aos seguintes teléfonos dos Servizos Sociais: 881819356 ou 981.809.707
Máis información sobre o servizo das escolas infantís municipais de Teo premendo aquí
Consulta esta convocatoria premendo aquí
Attachment | Size |
---|---|
CERTIF. RES CONTINUACIÓN PROCEDEMENTO ADXUD. PRAZAS EIMs.pdf | 84.3 KB |
SOLICITUDE DE NOVO INGRESO 2020-2021.pdf | 123.73 KB |
TABOAS informativas.pdf | 117.89 KB |