O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Augas de Teo continúa traballando na rede para evitar os problemas de turbidez

| compartir:

Como xa se informou onte sábado 16 de maio, a rede pública de abastecemento está o sufrir un serio problema de turbidez que ten a súa orixe no estado revolto das augas do Ulla.
O Servizo municipal de Augas do Concello realizou traballos na rede durante todo o día de onte co fin de minimizar os problemas para as persoas usuarias. 
En relación coa turbidez na rede de abastecemento que estamos sufrindo  infórmase:
- Que a orixe do problema vén motivado por unha gran mancha de barro que afecta ao río Ulla coma onte informaban os medios de comunicación, de orixe descoñecida segundo indican dende Augas de Galicia, e que fixo imposible o correcto tratamento na ETAP de Pontevea.
- Do mesmo xeito, indicar que a auga servida, a pesar de superar o límite de turbidez marcado no RD140/2003, é apta para o consumo.
O servizo municipal continúa a traballar para mellorar o estado da rede, en especial dos depósitos, agradecendo as comunicacións de deficiencias e a responsabilidade e paciencia demostrada pola cidadanía.

purgado