O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A aula de informática municipal publica a oferta formativa para o mes de outubro que se centra nun taller de manexo do rato e o teclado e outro de mecanografía. O curso de manexo de rato e o teclado está enfocado a dar os primeiros pasos cun ordenador e será os días 13, 14 e 15 de outubro de 10 a 11:45 horas cunha duracióin de 5 horas e 15 minutos.
O curso de mecanografía será do 19 ao 28 de outubro de 10 a 11:45 horas cunha duración de 14 horas. Grazas a este taller poderás aprender a escribir correctamente e con soltura no ordenador. Ambas actividades son de balde.
Os talleres están destinados a persoas empadroadas no Concello de Teo maiores de 16 anos, sen coñecemento sobre a informática e internet. Hai 9 prazas dispoñibles e para a realización da actividade debemos ter un mínimo de cinco persoa anotadas. O prazo de inscrición está aberto do 29 de setembro ao 8 de outubro. Para anotarse hai que entregar a ficha de inscricón no Rexistro xeral do Concello e as prazas serán asignadas por orde de inscrición.
As actividades estarán adaptadas ao protocolo covid-19. Lembramos ademais a obrigatoriedade do uso de máscaras en espazos de uso público.
Descarga aquí a ficha de inscrición nas actividades
Attachment | Size |
---|---|
ficha inscrición actividades outubro.pdf | 554.15 KB |