O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
As BPM do Concello de Teo, reabren as portas a partir do día 18 de maio
Durante a FASE 1 do desconfinamento, o horario de atención ao público, será o seguinte:
BPM do Grilo-Cacheiras: de luns a venres, entre as 10:00 e as 13:00 horas.
BPM - Os Tilos : de luns a venres, entre as 14:00 e as 18:45 horas.
SERVIZOS QUE SE VAN PRESTAR DURANTE A FASE 1 DO DESCONFINAMENTO:
1. DEVOLUCIÓN DE MATERIAIS PRESTADOS
Farase preferentemente na caixa habilitada para tal función no recibidor da biblioteca.
( Unha vez entregados, pasarán un período de corentena ( 14 días ) antes de volver aos andeis, para garantir a seguridade dos usuarios).
2. PRÉSTAMO A DOMICILIO
Para evitar aglomeracions puntuais e garantir o distanciamento físico, realizarase baixo demanda con CITA PREVIA, mediante a solicitude por teléfono ou e-mail dos libros ou materiais que se precisen retirar.
O persoal da biblioteca será o encargado de localizalos e entregalos ás/aos usuarios cando se acheguen á biblioteca para recollelos. NESTA FASE NON ESTÁ PERMITIDO O ACCESO ÁS COLECCIÓNS.
3. INFORMACIÓN BIBLIOGRÁFICA E BIBLIOTECARIA
Farémola, preferentemente, a través dos medios habituais de comunicación telemática: teléfono, correo electrónico e redes sociais.
SERVIZOS QUE NON ESTARÁN DISPOÑIBLES DURANTE A FASE 1 DO DESCONFINAMENTO :
- Actividades Culturais, actividades de estudo-lectura en sala, así como calquera outro servizo destinado ao público distindo dos mencionados nos puntos anteriores.
- Nesta fase, non estará permitido o acceso e libre circulación polas salas da biblioteca, excepto nos espazos delimitados para realizar a devolución e préstamo de materiais. Porén, non se poderá acceder á sala infantil, ás salas de consulta/estudo, nin ao servizo de Internet ( computadoras Aula da Deputación ).
- Tampouco se permitirá o acceso directo aos andeis onde se atopan as coleccións, os materiais só poderán ser retirados e entregados polo persoal bibliotecario.
- Restrínxese o acceso aos servizos , ao non poderse garantir a súa hixienización despois de cada uso.
PROTOCOLO A SEGUIR PARA ACCEDER Á BIBLIOTECA
- Como é lóxico, non poderán acudir ás bibliotecas as persoas que presenten síntomas ou estean en illamento domiciliario debido a un diagnóstico por COVID-19, ou que se atopen en periodo de corentena domiciliaria por estar en contacto con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Os usuarios, deben entrar nas instalacións INDIVIDUALMENTE, agardando pola súa quenda no recibidor.
- No caso de nenos menores de 14 anos, deberán estar acompañadas por un adulto. ( Poderán acudir dúas crianzas máximo acompañadas por un adulto que se faga responsable delas).
- Deberase manter unha distancia física de cando menos 2 m.
- Recoméndase acudir CON MÁSCARA de protección facial.
- Antes de entrar, os usuarios deberán desinfectar as mans empregando xel hidroalcohólico que atoparán nun dispensador colocado na entrada a tal fin.
CONTACTO
- Teléfono : - mañá : 981 80 64 00
- tarde : 881 064 128
- Correo electrónico: mediateca@teo.gal