O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Celébrase o pleno ordinario do mes de outubro, no que se tomará coñecemento da renuncia de Manuel Anxo Fernández

| compartir:

O mércores 28 de outubro celébrase o pleno ordinario ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Nesta sesión a corporación tomará coñecemento da renuncia como concelleiro de D. Manuel Anxo Fernández Baz, ata agora voceiro do BNG. Fernández Baz é concelleiro da corporación de Teo polo BNG dende o ano 2011. 

No pleno debaterase a adhesión ao novo convenio de transporte metropolitano da área de Santiago, entre outros asuntos. 

A orde do día completa ten os seguintes puntos: 

  1. Dación de conta das resolucións da alcaldia (da 862/202 á 951/2020)
  2. Dación de conta do informe de morosidade 1º trimestre 2020. 
  3. Dación de conta do informe de morosidade 2º trimestre 2020. 
  4. Proposta da alcaldía de toma de coñecemento da renuncia como concelleiro de D. Manuel Anxo Fernández Baz. 
  5. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación da adhesión do Concello de Teo ao convenio de transporte metropolitano da área de Santiago. 
  6. Proposición da alcaldía de modificación das bases de execución do orzamento. Anticipo de caixa. 
  7. Mocións.
  8. Rogos e preguntas. 
casa concello