O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
A finais de maio remataron as Escolas Culturais 2019-2020 que este ano contaron con 138 alumnos e alumnas. Como ben sabemos, aguantaron o desafío do estado de alarma e da corentena e continuaron o seu desenvolvemento durante estes meses a través de clases en liña, mediante plataformas dixitais, con vídeos titoriais, ou en emisión en directo noutros casos. Cada unha no seu formato acadou sobrevivir e manter as clases dentro dunha normalidade adaptada a esta situación. Chegamos a xuño e procedemos como facemos todos os anos as súas clausuras, pero neste caso tamén en versión dixital pola situación que vivimos.
Hoxe mostramos a particular clausura de cada unha delas, revisando o traballo realizado durante o curso ou os logros conseguidos. Dende a Concellaría de Cultura agradecen enormemente ao profesorado e a todo o alumnado o esforzo que tiveron que facer para adaptarse a esta situación así como o ben que o fixeron para poder manter a formación das Escolas Culturais a flote nestes tempos tan complicados que nos toucou vivir.
ESCOLA DE ARTES PLÁSTICAS: No obradoiro de Artes Plásticas traballaron este curso unha programación baseada en personaxes da TV, cine e da banda deseñada, e fixeron visitas como é costume a pinacotecas e centros de arte. Neste vídeo amósannos unha pequena demostración do traballo realizado tanto antes do confinamento como durante o confinamento, nas escolas de Tras do Eixo e de Ameneiro que contan cun total de 58 alumnos e alumnas que van dende os 3 anos aos 70. Vamos aquí coa súa clausura:
https://www.youtube.com/watch?v=5Xqh7o5FFUw&feature=youtu.be
ESCOLA DE GUITARRA: Este obradoiro que contou este ano cun total de 27 participantes continuou o seu curso en harmonía, rasgueando e punteando dende a casa nestes últimos meses. Amosamos por grupos o traballo que nos envían a modo de clausura:
ESCOLA DE PROGRAMACIÓN: No obradoiro de programación participaron un total de 12 rapaces e rapazas nas Aulas Desafíos de robótica, e que trasladaron as súas clases presenciais da Aula de Teo a clases en liña, videotitoriais e cadernos. Boa mostra do seu esforzo está recollido neste pequeno vídeo onde se resume o traballo realizado neste formato de clases: https://www.youtube.com/watch?v=nuhyZ0rMPhk&feature=youtu.be
ESCOLA DE DANZA: O obradoiro de danza contou con 16 participantes que continuaron durante os meses de marzo a maio as clases en liña na casa a tempo real o cal resultou unha oportunidade nova para ser máis creativas e multidisciplinares que nunca, e de explorar novos achegamentos ao corpo, ao espazo e a ao movemento. Segundo as verbas da súa monitora o traballado neste terceiro trimestre supera calquera obxectivo posible da actividade ademais de experimentar cousas novas como corpo- espazo e cámara. Que o baile non pare!
ESCOLA DE TEATRO: O Obradoiro das aulas de Teatro de adultos contou neste curso con 2 grupos nos que participaron un total de 25 alumnos e alumnas. Foi toda unha experiencia nova trasladar os ensaios dos escenarios ás casas a través da conexión en liña, para continuar as clases e para non perder o efecto do directo nin o ritmo dos ensaios. Pero como sempre acadárono, co bo facer dos seus directores teatrais e o compromiso do grupo. E boa proba disto é este magnífico traballo que nos envían a modo de broche final para a clausura deste atípico ano. Agardamos que vos guste: https://youtu.be/ln7hBOTsC-0