O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
Hai 174 anos as abas do Montouto foron escenario dunha batalla que mudou Galicia. Foi o penúltimo capítulo dun movemento liberal, galeguista, provincialista, progresista e ata idealista e romántico que, a pesar da derrota, achegou a Galicia á Modernidade. Case dous séculos despois aquela ideoloxía liberal e progresista, que xermolou logo da Revolución de 1846, afronta unha nova batalla.
As circunstancias obríganos a lembrar aqueles acontecementos, que constitúen o piar da identidade do noso Concello, dun xeito diferente. Este ano non teremos andainas, carreiras populares, charlas ou irmanamentos co alumnado de Carral, mais seguiremos combatendo a desmemoria e afondando na recuperación da historia local. Que mellor xeito de celebrar o día do libro e esta efeméride tan especial que achegarvos a edición dixital da publicación conmemorativa do 170 aniversario daqueles feitos históricos.
Podedes consultar o libro premendo aquí
Un libro que recompila os artigos de tres grandes historiadores e veciños de Teo, Xosé María Lema Suárez, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés e Ramón Villares Paz, que nos permitirán dar reposta a aqueles acontecementos. Que marcou o punto de partida desta revolución? Cales foron os seus protagonistas e as súas proclamas? Que aconteceu logo da represión contra os vencidos? Por que a ruta da Batalla comeza na reitoral de Bamonde? Cal foi a causa da retirada dos revolucionarios cara Compostela? Cantos combatentes faleceron e quen enterrou ós mortos trala batalla? Que circunstancias levaron a aquel xuízo sumarísimo do coronel Solís e os seus oficiais? Que grande artista galego é o autor do monumento da Batalla e quen participou na súa inauguración?. ç
Nas redes sociais das bibliotecas municipais podes ver contido sobre este tema:
Facebook: https://www.facebook.com/bibliotecas.municipais.deteo
Twitter: https://twitter.com/bibliosteo
Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCKBI95wPtlBXkUqYI-51i3A
A cultura segue!