O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A corporación teense reúnese este mércores 3 de xuño nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.
Nesta sesión plenaria, a primeira despois do estado de alarma, votarase a prórroga por un ano do contrato de xestión do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria asinada coa entidade UTE Geseco-Cespa Teo que tiña unha duración de dez anos e remata en agosto.
No pleno tamén se debaterá e votará a moción conxunta de todos os grupos que recolle as demandas da ANPA do IES sobre os problemas que lle xera a parte do alumnado o servizo de transporte os martes pola tarde tal e como está deseñado na actualidade. Tamén chegan ao pleno mocións do BNG sobre a lingua, a necesidade dun plan de reactivación económica ou a petición de derogación da Lei Montoro.
A orde do día ten os seguintes puntos:
Attachment | Size |
---|---|
CONVOCATORIA PLENO 03.06.2020.ASDO_.pdf | 73.58 KB |