O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
A concellaría de Cultura, dirixida por Mayte Argibay, comunica que a escola cultural de programación e robótica conta con prazas vacantes. Deste xeito ábrese un prazo para inscribirse ata o 25 de febreiro. As prazas ofertadas son seis e asignaranse por orde de inscrición.
O obradoiro realízase os xoves de 16:00 a 17:00 horas na Aula de informática municipal e e está dirixido a nenos/as nados dende o 2011 ata o 2012. Nesta escola cultural achégase á rapazada a conceptos coma o deseño 3D, a realidade aumentada ou a realidade virtual.
Podes descargar aquí a ficha de inscrición ou nas oficinas municipais e entregala no Rexistro Xeral do Concello.
O custe desta actividade é de 20 euros por trimestre. A Aula de informática está situada no Auditorio Municipal Constante Liste, na Ramallosa.
Attachment | Size |
---|---|
fichainscricion escola cultural robotica nenos 2020.jpg | 126.77 KB |
folleto escola cultural robotica nenos 2019-1.jpg | 752.9 KB |