O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
As Fillas Bravas de Chévere alertan na súa última obra "O mito de Casandra" dos risco do cambio climático. O 26 de decembro ás 20:00 horas estarán no Auditorio Municipal Constante Liste na Ramallosa. A función é de balde pero para asistir hai que reservar entrada.
Segundo explican dende a compañía de teatro as Fillas Bravas e o mito de Casandra é, por un lado, unha obra na que tres mulleres maiores tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando os saberes e a experiencia dunha vida longa no rural. E por outro, é unha obra con perspectiva de xénero á procura de personaxes femininas empoderadas, colocando o foco nunha muller afirmativa, autónoma, creativa e implicada na colectividade.
En Teo "traemos esta peza para chamar a atención sobre como o mundo científico está alertando dos problemas do cambio climático e como a sociedade no seu conxunto está mirando para outro lado" indica o edil Ignacio Iglesias. O impacto que vai ter no noso modo de vida en poucos anos o cambio climático "é grave e imparable e tomar conciencia desto imprescindible" indica Iglesias. O mito de Casandra das Fillas Bravas permitiranos achegarnos dun xeito lúdico a esta cuestión.
Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico a voluntariado@teo.gal ou chamando ao teléfono: 881974802. Na mensaxe hai que indicar o nome, DNI e teléfono de contacto. Poderanse anotar de xeito conxunto unidades familiares cos datos de todas as persoas asistentes. O número de prazas dispoñibles é de 55 que se adxudicarán por orde de chegada. En caso de ter máis demanda abrirase unha listaxe de agarda. Os convites poderanse recoller entre o 22 e o 23 de decembro. As persoas que tendo confirmada a praza tiveran algún inconvinte para asistir deberán comunicalo a voluntariado@teo.gal.
Esta actividade desenvólvese dende a área de Voluntariado do Concello que traballa entre outos no eido medioambiental.
Attachment | Size |
---|---|
cartel_asfillasbravas.jpg | 4.9 MB |