O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Concellaría de Lingua propón seis actividades, 4 para público infantil inseridas no programa Apego e 2 para público adulto, durante o mes de novembro.
As actividades están financiadas externamente, grazas á colaboración que o Concello ten coa Rede de Dinamización Lingüística e co Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, e para os cales, colabora coa programación dos espectáculos ofrecidos por estes programas.
Comeza a programación o 7 de novembro ás 11 h, Xurxo Mariño, no Mercado Labrego dos Tilos con Historias da ciencia cotiá, un monólogo con historias curiosas e próximas sobre ciencia do día a día no Día da Ciencia en Galego. Unha actividade para todas as persoas interesadas.
O 11 de novembro, día do San Martiño, a Compañía Fantoches Baj presenta Os romeiros do caracol, no Auditorio Constante Liste. Unha viaxe dos irmáns Quintá nun enorme caracol vivenda no que contan e cantan as cancións e as lendas de San Andrés de Teixido.
Xan Perillán compra queixo, compra pan, de Monicreques de Kukas, estará no Auditorio Constante Liste o 21 de novembro ás 12 h Un espectáculo que mestura o clown e a pantomima coa maxia e os monicreques compaxinando o lecer e a diversión coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente e a ecoloxía.
A última das actividades, será o 28 de novembro ás 12 h na Casa Común de Lampai: As aventuras do Apalpador, de Monicreques Larei Lará.
Público adulto
Así, o mesmo día do San Martiño, en horario nocturno, ás 20 h na Biblioteca dos Tilos, Candido Pazó fará a contada Botando a lingua a pastar, onde narra contos tirados da tradición oral, motivos adaptados da literatura ou historias de creación propia relacionadas coa lingua.
E para rematar esta programación, o 19 de novembro ás 20 h, O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro, no Auditorio Constante Liste; unha peza teatral que fala da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada.
As inscricións poden realizarse desde o 3 de novembro, por orde de entrada, enviando o nome completo e o DNI, no caso de telo, das persoas asistentes ao enderezo-e politicalinguistica@teo.gal. O número de prazas está limitado en cada actividade en función das medidas para controlar a Covid.
Attachment | Size |
---|---|
Folleto Apego Teo novembro-2.pdf | 3.04 MB |