O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Centro de Información á Muller, dependente da Concellaría de Igualdade, prepara un obradoiro de musicoterapia que se realizará os días 25 de agosto, e o 1 e o 8 de setembro en horario de mañá, de 10:30 a 12:30 horas. A actividade farase no Auditorio municipal Constante Liste. O prazo de inscrición estará aberto do 3 ao 21 de agosto e para anotarse pódese enviar un correo electrónico a cim@teo.gal ou chamar ao número 981.938.475.
Segundo explican dende Igualdade "o obxectivo principal deste obradoiro é mellorar a calidade de vida da muller, reconstruíndo a propia identidade e aprendendo a valorarse e a aceptarse a si mesma tamén recoñecendo e aceptando as súas propias limitacións".
Nestas tres xornadas levaranse a cabao técnicas de relaxación para o control da ansiedade, técnicas de dinamización da actividade cognitiva, autoestima e crearase un espazo onde cada participante poderá expresar as súas emocións.
Autodefensa
Dende o CIM tamén ofertarán un obradoiro de autodefesa para mulleres os días 2 e 3 de setembro en horario de 16:00 a 20:00 horas. Trátase dunha actividade que xa se realizou anterioremente e que ten moi boa acollida entre a veciñanza. Pódeste anotar no correo electrónico cim@teo.gal ou no 981.938.475. As dúas actividades son de balde e vanse facer no Auditorio Constante Liste.
No deseño destes obradoiros tense en conta todas as medidas para a protección fronte á Covid. A realización das mesmas será presencial agás que as condicións sanitarias do momento recomenden outra cousa, podendo realizalas en liña.