O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Respecto da posta en marcha das novas liñas do transporte metropolitano, no Concello de Teo vemos con sorpresa como os horarios da concesionaria teñen modificacións con respecto ás condicións de licitación. No caso de Teo as máis significativas son o desvio pola AG 59 dalgunhas frecuencias da liña que vén da Estrada, e que deixa a Cacheiras sen servizo en horas punta, e a modificación de horas no servizo dende os Verxeles a Santiago que, por exemplo, cambia o primeiro servizo das 8.00 ás 9.30h.
Nos últimos días o alcalde, Rafael Sisto, e solicitouse que a Dirección Xeral de Mobilidade manteña os horarios de licitación na liña dos Verxeles e que, polo menos, ata que funcionen as novas liñas, os servizos pola AG59 circulen por Cacheiras.
Segundo explica o rexedor dámoslle unha marxe de confianza a DX para que corrixa ese dislate, pois esas alteracións das condicións de licitación son inasumibles para concello de Teo