O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello esixe que Mobilidade manteña as condicións das novas liñas de transporte

| compartir:

Nas últimas semanas comezaron a producirse cambios nas liñas de transporte de viaxeiros na AC-841. Trátase da nova licitación das liñas realizada pola Xunta de Galicia. Nos vindeiros meses iranse producindo máis cambios noutras zonas do Concello que corresponden a implantación do resto de novos contratos de transporte da Xunta de Galicia.

Na concesión XG-860 que afecta sobre todo a expedicións que veñen da Estrada e pasan pola carretera de Cacheiras, a empresa concesionaria é Monbus. Respecto da posta en marcha destes novos contratos, no Concello veuse nos últimos días con sorpresa como os horarios enviados pola empresa xestora teñen modificacións con respecto ás condicións de licitación. As máis significativas eran o desvío pola AG-59 dalgunhas frecuencias da liña que vén da Estrada e a modificación de horarios no servizo dende os Verxeles a Santiago.

O alcalde, Rafael Sisto, xa mantivo conversas durante estes días co Director Xeral de Mobilidade e coa propia empresa. Froito destas conversas acadouse que o primeiro servizo dende os Verxeles saía ás 07:30 horas en vez de ás 09:30 horas nos días lectivos, e que non se reduzan servizos pola AC-841, nalgún caso desdoblando o servizo dende A Ramallosa.

Os horarios facilitados pola empresa pódense consultar na plataforma da Xunta bus.gal e tamén podes descargalos aquí

As persoas que detecten algún cambio ou problema nas frecuencias poden enviar un correo electrónico a mobilidade@teo.gal para que se poida reclamar diante da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.

Provisionalidade

Lamentablemente durante estes meses darase unha situación de “provisionalidade” xa que mentras non funcionen todos os contratos os horarios das vellas concesións e os das novas liñas deixarán ocos e deficiencias que haberá que intentar subsanar negociando coa Dirección Xeral de Mobilidade.

monbus

Arquivos descargables

Attachment Size
XG860 y XG517 Concello Teo 30.09.20.pdf 113.72 KB