O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello lembra que a emisión de certificados de empadroamento é de balde e non se cobra nada por eles. Esta mañá, pola chamada dun veciño, detectouse unha práctica pouco ética. Parece que hai portais en internet (como os da imaxe que acompaña a nova) que están cobrando unha cantidade económica pola tramitación de certificados de empadronamento que a administración non cobra. Estarían cobrando uns cartos por unha xestión que é de balde e a maiores moi sinxela de realizar.
É importante revisar as páxinas nas que realizamos estas xestións administrativas asegurándonos de que sexa unha páxina institucional e evitar facilitar datos bancarios en webs das que non temos garantida a súa solvencia.
A solicitude dun certificado de empadroamento pódese facer por correo electrónico escribindo a servizosxerais@teo.gal, de xeito presencial nas oficinas do Concello ou na sede electrónica a través da solicitude xeral premendo aquí.