O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vén de remitir as alegacións ao expediente de expropiación forzosa do camiño relacionado coa concesión da explotación "Casalonga" número 6996. O escrito, asinado polo alcalde, enviouse hoxe á Xefatura territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
Podes consultar aquí o escrito de alegacións completo.
No documento enviado o Concello defende a titularidade deste ben público e cuestiona o procedemento expropiatorio. Deste xeito pídese que non se realice a expropiación a favor de Toca Salgado xa que non hai unha identificación completa do ben que se quere ocupar, dáse tamén unha identificación incorrecta do titular do ben ao expropiar xa que se trata dun ben de dominio público municipal e no expediente identifícase a un particular como propietario e tampouco se xustifica a causa para a expropiación xa que non se acredita a utilidade pública ou interese social da expropiación en cuestión.
Attachment | Size |
---|---|
ALEGACIONS EXPROPIACION IN334A 202001-01_0.pdf | 233.63 KB |
doc 1 titulo municipal pista canteira_0.pdf | 483.73 KB |
doc 2 certificacion catastral 15083A514090800000KQ VIARIO CANTEIRA_0.pdf | 18.68 MB |
doc 3 Paralización e reposición GRUPO TOYSAL SL_0.pdf | 172.21 KB |
doc 4 INFORME TECNICO PLAN RESTAURACION 2019_0.pdf | 288.71 KB |