O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo retoma a actividade dos servizos non esenciais dende o luns 18 de maio. Nese momento abrirase a atención ao público pero con particularidades provocadas polas circunstancias da crise sanitaria que estamos vivindo. O horario de atención ao público como norma xeral será de 09:00 a 14:00 horas e todos os departamentos atenderán con cita previa agás o Rexistro. Así mesmo a atención telefónica e por medios telemáticos seguirá sendo prioritaria. O teléfono xeral do Concello é o 981.815.700. Tamén lembramos que está activa a sede electrónica do Concello na que podes entrar premendo aquí
Na entrada aos edificios municipais haberá dispensadores de líquido desinfectante para usar á entrada e saída. Tamén se facilitará mascarillas se a persoa non a trae da casa.
O Rexistro Xeral do Concello funcionará dende o luns 18 de maio SEN CITA PREVIA. Haberá persoal municipal de control na entrada para regular o acceso de xeito que só poidan estar dúas persoas dentro. A entrada farase pola porta principal e a saída pola lateral do edifico para que a circulación sexa dunha soa dirección. Para consultas ou peticións a este departamento poden escribir ao correo electrónico: servizosxerais@teo.gal. A este correo pódense solicitar por exemplo os certificados de empadronamento ou convivencia.
O resto dos departamento atenderán con cita previa polo que na porta se lle preguntará ás persoas que veñan ao concello a que departamento se dirixen.
A alcaldía e o resto do grupo de goberno atenderán de xeito prioritario con cita previa. Pódese contactar con eles a través do 981.815.700 ou nos seguintes correos electrónicos: alcaldia@teo.gal; uxialemus@teo.gal; ignacioiglesias@teo.gal; maiteargibay@teo.gal; iriaotero@teo.gal; jmelias@teo.gal ou marialopez@teo.gal.
Urbanismo atenderá con cita previa os luns, mércores e venres de 11:00 a 14:00 horas. Para concertar a cita hai que chamar ao 981815700 ou enviar un correo electrónico a urbanismo@teo.gal.
Augas de Teo atenderá no correo augasdeteo@teo.gal ou no teléfono 628 779 066. A través destes medios fixarase cita previa se é preciso.
Asuntos económicos atenderá os luns, mércores e venres no teléfono 981940519 e caso de ser preciso fixaría unha cita presencial. Para consultas noutro momento pódese usar o correo electrónico intervencion@teo.gal.
Os Servizos Sociais atenden de 8 a 3 no teléfono 981809707 ou en servizossocias@teo.gal. As citas daranse por teléfono. Para consultas das escolas infantís municipais a atención será de 9 a 3 no teléfono 881819356 ou no correo electrónico eimteo@teo.gal.
Deportes atenderá no correo deportes@teo.gal e de 9 a 2 tamén a través do teléfono 881.977.407.
O CIM terá atención telefónica de 9 a 2 nos telf 981 809 707/ 604 081 326 e no correo cim@teo.gal. En caso de ser preciso unha cita fixaríase dende o servizo.
En Desenvolvemento local o Axente de emprego e desenvolvemento local atenderá no correo aedl@teo.gal e de 9 a 2 no teléfono 981 940 557. Orientación laboral atenderá no correo orientacion laboral@teo.gal e de 9 a 2 no teléfono 981 941 542. En ambos casos se fora preciso cita presencial fixaríase dende o servizo.
As bibliotecas municipais de Teo, a Mediateca do Grilo e a Biblioteca dos Tilos, tamén retoman a actividade o luns 18 de maio. Durante a FASE 1 do desconfinamento, o horario de atención ao público, será: na BPM do Grilo-Cacheiras: de luns a venres, entre as 10:00 e as 13:00 horas e na BPM - Os Tilos : de luns a venres, entre as 16:00 e as 18:45 horas. A devolución do material farase nun espazo preparado para ese fin e para o préstamo a domicilio farase baixo demanda con cita previa para evitar grupos de persoas no mesmo espazo. A manipulación dos fondos só se fará polo persoal municipal. Consulta aquí o protocolo de funcionamento das Bibliotecas municipais de Teo.
O Punto Limpo xa está funcionando dende o 5 de maio pero tamén é preciso acudir con cita previa. Consulta aquí os datos sobre este servizo.
Deixamos o listado de correos electrónicos doutros departamentos departamentos por se precisades contactar para calquera consulta ou para fixar unha cita:
O teléfono da Policía local é 606984838 e o de Protección civil o 649804720.
Lembramos a necesidade de extremar as precaucións, as medidas de hixiene a a distancia social nas visitas ao Concello e no resto de actividades para evitar os riscos.
Attachment | Size |
---|---|
funcionamentobibliotecasdesescalada.pdf | 243.69 KB |