O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O alumnado das escolas infantís municipais leva na súa casa dende o luns 15 de marzo coma todos os escolares. O persoal dos centros acordou realizar pequenos vídeos con diferentes actividades para manter un contacto cos nenos e nenas. As pezas pódense ver na canle de youtube do Concello premendo aquí
As pezas están especialmente pensadas para nenos e nenas pequenos/as pero algunhas delas seguro que son do gusto dos/as irmáns maiores tamén. Así podemos escoitar contos, cancións, aprender a facer ioga ou un biscoito. Esta iniciativa do profesorado dos centros pretende facer máis levadeiro o confinamento dos/as cativos/as e manter tamén a relación co alumnado aínda que nestes momentos ten que ser a través dunha pantalla.
Podedes ver aquí os vídeos que se van subindo:
Podes ver máis recursos lúdicos para pasar mellor o confinamento premendo aquí