O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Remata o prazo para a subsanación de documentación das bolsas de ensino e transporte

| compartir:

O prazo de subsanación das bolsas de ensino remata o 30 de xuño. A primeiros de mes publicábase o anuncio de reanudación do prazo de subsanación na convocatoria de axudas de ensino e transporte escolar do curso 2019/20. Dende o luns 1 de xuño reanúdanse os prazos administrativos que foron suspendidos durante o estado de alarma, en virtude do previsto no artigo 9 do Real Decreto 537/2020, de 22 de maio. Tendo en conta esto o prazo de subsanación das solicitudes de bolsa que non estaban completas comezará a contar dende o día 01/06/2020 ata o día 30/06/2020, ambos inclusive. As persoas que non presentan a documentación no prazo mencionado, considerarase que desisten da súa petición.

Consulta aquí a listaxe de solicitantes que teñen que subsanar documentación

As persoas que teñen que subsanar deben entregar a documentación que falta no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede electrónica do Concello premendo aquí

No mes de maio dende a Concellaría de Educación acordouse realizar o primeiro pago das axudas de ensino daquelas persoas que tiñan toda a documentación presentada correctamente no inicio xunto coa solicitude. Foi unha decisión motivada polas circunstancias provocadas pola crise sanitaria e priorizando realizar o pago o antes posibles naqueles casos nos que a tramitación estaba completa. Daquela aprobouse o pagamento desas solicitudes de bolsa de ensino e transporte para o curso 2019/2020 por un importe de 20.071 euros. 

Consulta aquí o certificado completo de aprobación do primeiro pago das axudas de ensino. 

Convocatoria anual 

Este ano dende a Concellaría de Educación, dirixida por Mayte Argibay, fixéronse modificacións na convocatoria municipal de axudas para o ensino e o transporte do curso 2019-2020 "de xeito que poderá chegar a un maior número de familias ao mudar o seu criterio de nivel de renda" . Este ano o máximo para recibir as axudas quedou fixado en 7.500 euros per cápita mentras ata agora eran 6.000.

Que importe teñen as axudas?
As axudas, que non poderán ser maiores do gasto, acadarán ata 100 euros en Infantil, Primaria e ESO, os 150 en casos de necesidades educativas especiais, en Bacharelato e FP e os 200 euros en estudos universitarios e ensinanzas
artísticas superiores.

material escolar

Arquivos descargables

Attachment Size
ANUNCIO SUBSANACION -PRAZO XUÑO.pdf 174.48 KB