O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que de declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 establece, na Disposición adicional terceira, a suspensión dos prazos administrativos.
Esto siginifica que o prazo de novo ingreso nas escolas infantís que comezaba mañá martes 17 QUEDA SUSPENDIDO. Unha vez remate esta situación comunicarase a apertura dun novo prazo.
Podedes consultar o texto completo do Real Decreto na seguinte ligazón: https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2020-3692
Dende a Deputación, encargada da recadación dos tributos municipais, tamén se comunicaca que os prazos vixentes de pago de todas as taxas e impostos pendentes quedan en suspenso e van ser ampliados, polo que a cidadanía non debe preocuparse se ten un trámite pendente cos servizos de xestión e recadación tributaria da Deputación.
O goberno provincial informa tamén de que a primeira campaña de recadación voluntaria deste ano, na que se cobran o imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) e outras taxas, queda aprazada ata novo aviso.