O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A programación cultural desta fin de semana preséntanos teatro familiar e cine ao aire libre con propostas moi interesantes.
O venres 11 ás 19:30 horas teremos unha sesión de teatro familiar. Redrum teatro trea á Ramallosa A nena que quería navegar. O espectáculo será na Praza dos encontros, na Ramallosa ao aire libre. Segundo explican dende a compañía A nena que quería navegar é unha comedia para público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.
O sábado 12 teremos unha nova sesión de cine ao aire libre. Poderemos ver María Solinha tamén na Praza dos encontros, na Ramallosa. Ás 21:00 horas teremos a presentación da película co seu director, Ignacio Vilar e ás 21:30 farase a proxección da mesma. Neste filme participa a actriz e veciña de Lampai Mabel Rivera. Na película, de Vía Láctea Films, cóntase como un director chega a Cangas do Morrazo, en Galicia, para reconstruír no teatro a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista da obra de teatro vai sufrir, no século XXI, acedos ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII segundo se indica na sinopse da productora.
Ambas actividades teñen o aforo limitado e o acceso farase con reserva de entrada que se pode facer chamando ao 881957534 ou ao 881956010 en horario de 08:00 a 14:00 horas.
Peter Punk en Bamonde
Dentro das actividades programadas nas parroquias este domingo 13 teremos a Peter Punk Pallaso co seu espectáculo Chungo que te cajas. Será no campo da festa ás 19:30 horas. É un espectáculo dirixido a un público familiar ao aire libre e non é preciso reservar entrada.
A programación das actividades está adaptada á normativa en vigor da Covid-19 e supedita a posibles cambios.