O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello publica nun bando da alcaldía, dende o 16 de marzo de 2020 e durante o tempo que dure o estado de alarma declarado polo Goberno do Estado, o peche total da atención presencial nas oficinas municipais, agás aqueles servizos que se declaran esenciais para atender as necesidades prioritarias da cidadanía de Teo.
A atención nos servizos esenciais será unicamente telefónica e telemática. A atención presencial será motivada por razóns de urxencia e para isto precisará cita previa, a través do teléfono 981 815 700.
A Policía Local (606 984 838), o Servizo de Protección Civil (649.804720) estarán plenamente operativos. O Rexistro municipal estará aberto pero con atención restrinxida a casos excepcionais e inaprazables. Lémbrase que o Concello conta con sede electrónica para realizar a tramitación. Para entrar na sede podes premer aquí
Do mesmo xeito, recoméndase o uso dos correos electrónicos dos distintos departamentos para poder realizar xestións non presenciais así como dos teléfonos móbiles fóra do horario de oficina e en situacións de urxencia. A continuación detallámosvos os contactos dos distintos departamento.
Dende o Concello recoméndase que se sigan as instrucións ditadas polo Ministerio e a Consellería de Sanidade e, no caso de ter algún síntoma, contactar co 900 400 116. O concello pide a máxima colaboración da veciñanza seguindo estritamente as recomendacións das autoridades sanitarias e administrativas.
Attachment | Size |
---|---|
Bando Alcaldía 16_03 COVID19.pdf | 97.09 KB |