O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Teo acolle o programa da USC Camiños de coñecemento para maiores de 50 anos

| compartir:

Teo volve a acoller o programa Camiños de coñecemento e experiencia da USC dirixido a maiores de 50 anos. Trátase do programa universitario de maiores coñecido como IV Ciclo e para participar non é preciso ter coñecemento previos. 

Esta edición, que xa se fixo en anos anteriores en Teo, será no Auditorio municipal Constante Liste e contará con cinco sesións e unha visita ao arquivo da Catedral de Santiago.  

Este ano as sesións terán unha parte inicial máis teórica e logo obradoiros máis prácticos. O 24 de setembro de 16:30 a 18:00 horas comezamos cun Seminario de teatro sobre a construcción do personaxe. O 25 no mesmo horario teremos un obradoiro de teatro. As dúas clases estarán dirixidas pola profesora Beatríz Porrúa Refojo. 

O 28 de setembro en horario de 16:30 a 18:00 teremos un Seminario de historia sobre as fontes e investigación para a Galicia Medieval co profesor Xosé Manuel Sánchez Sánchez. 

O 29 do mesmo mes de 16:30 a 18:00 horas teremos un Seminario sobre economía circular e o 30 un obradoiro sobre o mesmo tema. Ambas sesións co profesor Gumersindo Feijoo Costa, da Facultade de Enxeñería Química. 

O programa rematará cunha visita ao Arquivo da Catedral de Santiago co profesor Xosé Manuel Sánchez Sánchez nunha data aínda pendente de confirmar. 

A inscrición e matrícula pode facerse no Departamento de Cultura e Educación de luns a venres de 09:00 a 14:00 h, na Biblioteca do Grilo en Cacheiras de 10:00 a 13:00 h, no teléfono 981 806 400 ou enviando un correo electrónico a cultura@teo.gal.
 

Descarga aquí o programa completo do programa 

IV ciclo

Arquivos descargables

Attachment Size
camiñosdecoñecementoTeo.pdf 2.44 MB