O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Toysal ten en vigor un plan de restauración que non lle permite traer lixo de fóra

| compartir:

O alcalde, Rafael Sisto, e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, mantiveron unha xuntanza nos últimos días coa Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación, responsable da política mineira. A reunión co Xefe Territorial, Isidoro Martínez, tiña por obxecto estudar o expediente de expropiación do camiño público que cruza a canteira da Casalonga ademais de falar doutros aspectos relacionados coa xestión de Toysal neste tema.

En relación ao tema do camiño que Toysal lle pide á Xunta que expropie a un terceiro e que ten de prazo para alegacións ata o 23 de decembro "constatamos que no expediente non hai ningún documento presentado por Toysal que faga dubidar da titularidade pública deste ben" indica Uxía Lemus. Así mesmo dende a Xunta explican que se o asunto remata no Xulgado, mentras non se resolva a situación non se executará a expropiación. Lemus explica tamén que os motivos que alega Toysal para iniciar o procedemento expropiatorio non están xustificados. 

Na xuntanza tamén se falou do plan de restauración en vigor para explotación mineira Casalonga 6996 que segundo a Xunta é o do antigo concesionario, Carballal. Segundo explicaron para a súa actualización non é preciso sometelo a incidencia ambiental. "Aínda que non se comparte esta decisión, ten a vantaxe de garantir que na canteira non pode entrar nin un gramo de residuo do exterior" indica o alcalde. Á vista desto Toysal pode traballar legalmente na explotación mineira, como fixo durante anos Carballal, "pero non poderá meter camións externos con material de fóra" destaca o rexedor que advirte que "o Concello seguirá a ser riguroso e belixerante para evitar que a restauración se faga con materiais externos". 

Dende o Concello vaise solicitar a consulta do plan de restauración en vigor, algo que agardamos que a Xunta facilite de xeito dilixente.

camiño