O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Abre o prazo de inscrición para o Diverteo Nadal

| compartir:

Abre o prazo de inscrición no Diverteo Nadal, concretamente dos días 10 ao 26 de novembro. A actividade de conciliación farase, como é habitual, coincidindo coas vacacións escolares, do 22 de decembro ao 7 de xaneiro (12 días). Será nos tres colexios de infantil e primaria, Calo, A Ramallosa e Os Tilos, de 07:00 a 15:30 con servizo de comedor ou ata as 14:00 horas sen xantar.

O Diverteo está dirixido a crianzas escolarizadas nun CEIP ou CRA que teñan entre 3 e 12 anos, preferentemente empadroadas no Concello de Teo.

Para anotarse hai que entregar a ficha de inscrición coa documentación requerida a través da Sede electrónica ou nun rexistro físico. A listaxe provisional publicarase o 30 de novembro e o pagamento do servizo haberá que formalizalo entre o 1 e o 10 de decembro. Nesta edición o pagamento xa debe facerse a través do Portal tributario do Concello. Coa publicación das listaxes provisionais indicarase o xeito de proceder co pagamento.

O custe do servizo é de 5 euros a atención educativa, 0,50 o almorzo, 3,5 o xantar quedando o servizo completo en 9 euros.

Podes consultar a información completa sobre a convocatoria premendo aquí