O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
As árbores de Noso, elementos centrais na programación de Nadal do Concello, quedaron inauguradas os días 10 e 11 de decembro e xa contan con numerosos adornos achegados pola veciñanza. As árbores de Noso son sete estruturas de madeira feitas en Teo por un artesán local, Rodrigo Mosquera, e localizadas en lugares comerciais do noso Concello.
Pero a maiores foron deseñadas para ser un xogo para as familias. Cando visitas unha árbore, e te identificas a través do código QR que atopas nela rexístrase a túa visita. Unha vez rexistrada recibes un código. A continuación volves a ler o QR e pídeche o código que recibiches no correo. E recibes unha mensaxe na que che informa que xa visitaches esa árbore. Ao completares a visita ás sete árbores remata o xogo e ganas unha lámina tamén feita en Teo pola artesá Xiralúa !
As árbores están instaladas nos Tilos, Montouto, Cacheiras, A Ramallosa, Pontevea, Luou e Calo.
E se vos animades a facer o xogo e percorrer o territorio tamén podedes seguir levando adornos e deste xeito continuamos coa decoración comunitaria que comezou esta fin de semana.
Animación ao carón das árbores
Nos vindeiros días as ábores tamén terán animación dirixida a público familiar. O sábado 18, o Apalpador visitará a ruta Apego en Pontevea de 12:00 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h; o domingo 19 teremos mercado de Nadal nos Tilos de 11:30 a 19:30 horas con noria para as crianzas. O venres 24 en Cacheiras e Montouto teremos un pasacalles de música e espectáculo de cabezudos e gaiteiros ás 16:30 horas, Os apalparoriños, e o martes 28 teremos fotomatón de Nadal, na Casalonga de 11:30 a 13:30 e en Luou de 14:30 a 16:30 h.
As “árbores de noso” terán ademais Cantos de Nadal con actuacións na rúa de coros do Concello nos seguintes horarios:
Campaña do comercio
Ata o 10 de xaneiro está funcionando tamén a campaña de apoio ao comercio local que repartirá un total de 128 vales de 50 euros para gastar de novo nalgún dos comercios adheridos. Contamos con 70 locais de Teo, tendas e hostalaría, na que podedes aproveitar para mercar os vosos agasallos e levar premio!
Máis información sobre a campaña de apoio ao comercio premendo aquí.