O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Autónomos e microempresas de Teo van recibir máis de 280.000 € en axudas do PEL

| compartir:

O Departamento de Desenvolvemento Local e Turismo xa publicou a concesión definitiva das axudas do PEL reactiva, un programa de apoio a autónomos e pequenas empresas que se realiza co financiamento conxunto da Deputación da Coruña e do Concello.

En Teo en total presentáronse 170 solicitudes de axuda, das que finalmente se concederon 147, posto que dúas renunciaron á axuda e o resto non cumpría as condicións da convocatoria. A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, María López, destaca “a importancia destas axudas para sectores moi afectados pola pandemia da Covid-19”.

O PEL Reactiva Teo é un plan impulsado pola Deputación da Coruña e os concellos de menos de 50.000 habitantes ao que Teo se adheriu para tentar minimizar os efectos da pandemia entre as empresas que viron afectada a súa facturación nos últimos meses. No caso de Teo o fondo é de case 300.000 euros  e logo da baremación queda repartido do seguinte xeito: 71 axudas de 1.500 €; 26 axudas de 2.000 €; 38 axudas de 2.500 € e 10 axudas de 3.000 €.

O reparto de fondos fíxose, atendendo ás bases da convocatoria seguindo unha clasificación por grupos. As solicitudes de axudas admitidas encadradas no Grupo I son 92 cun importe de 179.000 €, as do Grupo II son 31 cun importe de 45.500 € e as do Grupo III 24 por importe de 59.000 €. Agora, tras a publicación da concesión ábrese un prazo de xustificación ata o 31 de marzo deste ano.

As persoas que teñen outorgada unha axuda deben realizar a xustificación a través da Sede electrónica  no apartado "achega de documentación"

Para facer efectiva a xustificación, as persoas autónomas e empresas beneficiarias da axuda deberán presentar na sede electrónica do Concello de Teo a seguinte documentación actualizada:

  • Certificado da conta bancaria
  • Contratos de traballo (no caso de ter persoas asalariadas ao seu cargo)
  • Certificado de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT e coa TXSS.
  • Certificado de estar ao dia no cumprimento das obrigas tributarias coa CC.AA. de Galicia (Atriga).
  • Xustificantes de gasto ou facturas electrónicas escaneadas, efectivamente pagadas dentro do período subvencionable. Ditas facturas deberán vir acompañadas do documento xustificativo do pago: transferencia bancaria, cheque nominativo, cargo, ingreso en conta ou calquera outra modalidade de pagamento bancario, sempre que en todo caso quede identificada a persoa ordenante (perceptora da subvención) e a persoa beneficiaria (provedora do ben ou servizo); non obstante, para os pagamentos de gasto que non excedan de 150 € abondará co recibín do perceptor inserido no propio documento de gasto.
  • Declaración responsable actualizada na que se acredite a redución efectiva de ingresos no periodo establecido na convocatoria. (Só no caso das solicitudes do grupo II)
  • Fotografia do cartaz polo que se lle da publicidade ao carácter público do financiamento da actividade realizada, no que a concesión da axuda figurará expresamente. O cartaz deberá estar exposto nun lugar visible do centro de traballo, incluirá os logotipos do Concello e da Deputación e fará mención expresa ao Plan de Emprego Local desta última. Ditos logos foron enviados aos enderezos electrónicos que figuraban nas solicitudes.

A convocatoria completa desta subvención pódese consultar premendo aquí

 

logo pel

 

pel