O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vai realizar traballos de mellora da rede viaria nos Tilos os días 14, 15 e 16 de maio. Esto vai provocar cortes de tráfico.
Segundo indica o Departamento de Infraestruturas vanse facer obras de acondicionamento de aglomerado e formigón nas rúas Castiñeiro, Loureiro e Salgueiro, na urbanización dos Tilos. Esto obrigará a facer cortes de tráfico. A máis afectada será a rúa Castiñeiro. Na rúa Loureiro e Salgueiro faranse cortes puntuais.
Durante os días 14, 15 e 16 de maio faranse cambios no tráfico e nas zonas de estacionamento para garantir o transporte escolar e urbano.
A Rúa Castiñeiro estará cortada entre a entrada do aparcamento da parte posterior do centro comercial ata a rotonda do centro comercial. O resto da rúa será de doble sentido para acceso e saída dos garaxes dos números 3, 5, 7, 9, 12, 14, 16, 18 e 20.
Durante o tempo que duren as obras as Rúas Ameneiro e Castiñeiro serán de dobre sentido e para facilitar ese dobre sentido estará estará prohibido estacionar nas dúas.
Respecto do transporte público (liñas 6 e 12) a parada que está na Rúa Castiñeiro, en frente do Centro Comercial, quedará anulada estes días. Teranse que usar as paradas máis próximas na Rúa Carballo e Rúa Ameneiro.
Podedes descargar aquí un plano da zona para ver os cambios na circulación.
Desculpen as molestias.
Attachment | Size |
---|---|
OS TILOS. REGULACIÓN PROVISIONAL DO TRÁFICO (MAIO DO 2019).jpg | 621.34 KB |