O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Búscanse anfitrioas para a artista do Delas Fest en Teo

| compartir:

7H Cooperativa Cultural, a entidade organizadora do festival feminista de arte urbana e contextual Delas Fest, busca a veciñas e veciños de Teo que queiran coñecer e implicarse no proceso creativo da artista convidada na terceira edición, que se desenvolverá no noso municipio e en Ames, Brión e Santiago entre o 28 de xuño e o 25 de xullo de 2021.

A través da convocatoria “Anfitriónate”, nada da vontade de reforzar os vínculos e diálogos creativos entre as intervencións artísticas e a realidade na que estas se insiren, o Delas Fest anima a persoas e colectivos a exercer como anfitrioas da artista, acompañándoas na descuberta da identidade do territorio no que vai traballar.

A primeira actividade coa artista terá lugar o vindeiro venres 11 de xuño, de 19:00 a 20:00h, a través dunha reunión virtual e, posteriormente, o luns 5 de xullo, haberá un segundo encontro que se celebrá repetirase de xeito presencial. A través de ambas as dúas xuntanzas, destinadas ao intercambio de relatos, experiencias e información, a organización aspira a enriquecer o paso da artista por Teo e facilitar que as súa obra non resulte allea á comunidade que a acollerá.

Debido á liña temática de traballo da creadora e ao espírito do festival, a organización fai un chamamento especial ás mulleres e persoas que conten con información sobre figuras femininas e a súa pegada na historia do concello.

As interesadas en ser parte da convocatoria deben cubrir o formulario dispoñible na páxina web de 7H Cooperativa Cultural antes do día 9 de xuño.

Podes consultar máis información sobre esta convocatoria premendo aquí

O formulario de inscrición en Teo telo premendo aquí

Delas Fest en Teo

O Delas Fest é unha iniciativa coa que o Concello de Teo colabora dende o seu nacemento. Grazas a esta participación no noso territorio xa contamos con murais de arte urbana realizados por mulleres. En Luou contamos cunha obra do Dúo Amazonas que fixo unha homenaxe á muller labrega no túnel  da estrada que conecta Luou e Solláns. En Calo no pavillón municipal pódese ver a obra realizada por Lidia Cao na que retrata o traballo das irmáns Aurora e Manuela Liste Forján. 

Dende o departamento de Igualdade do Concello de Teo, coincidindo coa celebración do Día da Muller, editáronse varias guías para coñecer os muros feministas que Teo que podes consultar aquí 

 

delas fest