O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
As cacharelas na víspera de San Xoán só se poden realizar en zonas e terreos privados, quedando expresamente prohibidas en espazos públicos segundo establece a orde do 28 de maio de 2021 publicada no DOG. A Fegamp enviou esta comunicación coas indicacións da Xunta de Galicia en relación á celebración das festas de San Xoán.
As persoas que queiran facer unha cacharela poden descargar a solicitude premendo aquí
No impreso, que debe presentarse por rexistro ou por sede electrónica, indicaranse os datos persoais e de contacto do/a promotor/a da cacharela. Tamén se especificará o enderezo exacto da súa celebración.
Así mesmo a persoa solicitante comprométese a cumprir estritamente todas e cada unha das condicións de seguridade que determinen para esa data as autoridades sanitarias e administrativas en relación coa COVID-19 (aforo, distanciamento social, etc.) e as normas de seguridade que de seguido lles lembra o Departamento de Medio Ambiente do Concello de Teo.
Dende a Xunta de Galicia lembran que "A celebración de fogueiras de San Xoán en espazos públicos non se poderían realizar atendendo o que ven establecido na orde de 28 de maio de 2021, e mantense, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares". Para a celebración de fogueiras en espazos privados, recomendan que os grupos sexan dun máximo de 15 persoas.
Attachment | Size |
---|---|
CACHARELAS_instancia COVID.pdf | 68.69 KB |