O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A corporación teense reúnese este mércores 30 na sesión ordinaria do mes de decembro. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de plenos do Concello, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencias das persoas interesadas. Tamén se poderá ver en liña a través da canle de YouTube do Concello premendo aquí.
Na sesión votaranse dúas propostas de modificacións de ordenanzas, unha para suspender a taxa de terrazas para o ano 2021 debido á crise sanitaria e outra para incluír os presos dos novos servizos de conciliación de tarde nos centros escolares, o Teo coida. Este servizo polo momento só se oferta no CEIP de Calo.
No pleno tamén se prevé a aprobación dunha moción conxunta de todos os grupos da corporación sobre a ampliación da autovía AG-59 na que se demandan entradas e saídas cara A Estrada no tramo previsto ata o Rollo, no Concello da Estrada.
Aprobar inicialmente a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras e elementos análogos con fin lucrativos, mediante a introdución dunha Disposición Transitoria Primeira, do seguinte teor:
“DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA. 1.- Con carácter excepcional, debido á crise económica e social causada pola pandemia do COVID19, suspéndese a aplicación e vixencia desta Ordenanza Fiscal desde o día 01/01/2021 até o día 31/12/2021. 2.- Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo primeiro desta disposición, a Ordenanza volverá a se aplicar, a partires do 01/01/2022.”