O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O 5 de xaneiro é unha xornada máxica e en Teo comeza dende ben cedo. Durante a mañá os tres Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán Teo para visitar a toda a cativada do Concello.
A visita das súas maxestades serán en vehículo real, de forma segura e sen contacto, algo imprescindible pola situación de crise sanitaria que vivimos. Dende as dez da mañá e ata as 13:00 horas aproximadamente tres autobuses reais pasarán por Teo para que poidades ver aos Reis dende as vosas casas. Para poder chegar a todos os recunchos cada Rei Mago irá nun bus. Cal será o que visite a túa zona? Terás que agardar a que cheguen para que se desvele a sorpresa!
Consulta aquí os itinerarios de cada bus real:
Autocabalgata
No noso concello cumpriremos coa ilusión de todos e todas de poder ver aos Reis Magos o día 5 de xaneiro.. Por tanto, sí haberá Cabalgata de Reis en Teo, pero dun xeito moi especial, cun formato novedoso e moi innovador adaptado ás circunstancias que vivimos. E se queres participar na Autocabalgata xa podes reservar a túa praza premendo aquí
O día 5 as súas maxestades chegarán a Teo moi cedo xa pola mañan, e irán cada un no seu Autobús Real histórico, percorrendo as rúas das parroquias e aldeas do noso concello sen saír do seu vehículo real. A música de nadal anunciará a súa chegada. Podedes velos pasar desde as ventás das vosas casas e saudalos. É importante evitar saír á rúa a pé, xa que aos Reis Magos non lles gusta que ninguén incumpla as recomendacións e normativas, e xa falaron ca policía local para que non se permitan as aglomeracións de xente nas rúas. Aproveita tamén para ollar qué Rei Mago visita a túa parroquia, e poderás compartilo nas redes.
Xa pola tarde, teremos unha moderna AUTOCABALGATA para facer a recepción oficial ás súas Maxestades. Será de xeito seguro e dentro do voso coche, sen saír del. Farase no campo da festa de Cacheiras ( o novo ), e por quendas de horas; haberá distintos pases para que poidan acudir todas as familias que o desexen.
O percorrido da Autocabalgata, comenzará pasando por debaixo dun arco sorpresa luminoso e máxico. Despois agardaredes cómodamente sentados no voso coche e sen sair del, mentras desfrutades de pequenos espectáculos guiados da man dos Roedores Peludiño e Munda de Redrum Teatro que nos presentarán a outros amigos moi especiais e coñecidos da tele para todos os nenos que serán unha sorpresa. Dende a radio do voso coche escoitaredes os espectáculos e o tradicional discurso dos Reis Magos, e poderedes velos nunha pantalla xigante LED. Finalmente poderedes pasar co coche por diante deles un a un e en primeira fila saudalos en directo, e incluso sacarlles unha foto se queredes, pero sempre sen saír do coche.
A Autocabalgata, será para as familias empadroadas en Teo, e é preciso apuntarse previamente premendo aquí
Para acceder ao recinto, será necesario entregar unha entrada que se facilitará cando vos apuntedes.
NON SE PERMITIRÁ ACCESO PEONIL ao espazo acotado nas inmediacións da autocabalgata, co fin de salvagardar as medidas de seguridade do evento.