O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A corporación teense reúnese este mércores 28 de xullo en sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. Tamén se poderá ver por streaming a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.
Na sesión debateranse dúas mocións na defensa das reivindicacións da Anpa do colexio de Calo que defende o mantemento das tres liñas en 4º de primaria para o curso 2021/22. Un dos textos é conxunto, asinado polas catro forzas políticas: BNG; PP, PSdG-PSOE e SondeTeo e outra moción é do Bloque Nacionalista Galego. Nas dúas se reclama o mantemento da calidade educativa e se pide que a Xunta dea marcha atrás na súa decisión de reducir unha das liñas en 4º de primaria no CEIP de Calo.
Neste sentido, dende o Concello, tense solicitada unha xuntanza institucional co Xefe Territorial de Educación, Indalecio Cabana, para tratar este asunto e que polo momento non foi atendida.
Orde do día completa:
Podes ver o pleno premendo aquí
Attachment | Size |
---|---|
MOCION BNG REIVIND. MANTEMENTO LIÑAS DE PRIMARIA NO CEIP DE CALO.pdf | 205.47 KB |
Moción conxunta apoio reivindicacións da ANPA de Calo.pdf | 178.96 KB |
Proposta da Alcaldía de Festivos Locais 2022.pdf | 141.12 KB |