O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O 25 de novembro remata o prazo para pedir as axudas do PEL Reactiva Teo para autónomos e microempresas

| compartir:

Abre o prazo para pedir as axudas do PEL Reactiva Teo dirixido a persoas autónomas, con ou sen traballadores/as ao seu cargo, e microempresas que viran afectada a súa actividade pola pandemia da Covid-19. O prazo para pedir as axudas comeza o 14 de novembro e remata o 25 de novembro ás 14:00 horas e a tramitación só pode facerse de xeito electrónica a través da sede electrónica do Concello. Para presentar as solicitudes preme aquí

O Boletín Oficial da Provincia do 13 de novembro publica o extracto desta convocatoria de axudas, o Fondo de financiamento para a reactivación económica e social do Concello de Teo. Trátase dun plan impulsado pola Deputación da Coruña e os concellos de menos de 50.000 habitantes ao que Teo se adheriu. O plan ten un orzamento de case 300.000 euros que se destinarán a paliar os efectos da pandemia entre as empresas que viron reducida a súa facturación nos últimos meses. 

Consulta aquí as bases completas que rexerán a convocatoria. 

¿Quen pode pedir estas axudas?

Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

  • Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
  • Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para a acreditar a redución os ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
  • Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, de 17 de marzo.

Para os efectos destas Bases, para a consideración de microempresa atenderase ao indicado no Anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, de 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) L 187, do 26 de xuño de 2014, segundo o cal a categoría de microempresa está constituída por aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de €.

Documentación que hai que presentar:

  • Solicitude de axudas PEL-REACTIVA.
  • NIF/NIE ou CIF segundo corresponda (só se o presentador defire do interesado). 
  • Declaración responsable do cumprimento de requisitos e obrigas.
  • Certificado actualizado de Situación Censal da Axencia Estatal Tributaria.
  • Informe actualizado de Vida Laboral da Empresa, expedido pola Tesourería xeral da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores/as.
  • Beneficiarios do Grupo II: Acreditación da redución de ingresos no segundo trimestre fiscal de 2020, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma, mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos: copia do libro de rexistro de facturas, libro diario de gastos, libro de rexistro de vendas e ingresos e libro de compras e gastos, ou declaración de IVE, IRPF.
  • Beneficiarios do Grupo III: Documento acreditativo da situación de ERTE

A tramitación das solicitudes debe facerse na sede electrónica na que podes entrar premendo aquí

É importante lembrar que calquera solicitude que non entre a través da sede electrónica non será atendida xa que incumpre as bases que rexen a convocatoria. 

Dende Desenvolvemento Local preparouse un titorial sobre a presentación da axuda que só se pode facer a través da sede electrónica. Podes consultar o titorial que che servirá de guía para a presentación premendo aquí

Podes solicitar máis información chamando ao 981.815.721 ou ao 981.815.700. Tamén podes escribir a aedl@teo.gal.  

 

PEL reactiva

Arquivos descargables

Attachment Size
Bases Pel Reactiva Teo.pdf 244.49 KB