O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello convoca procesos selectivos para postos de albanelería, xardinería e traballo forestal

| compartir:

O Concello convoca procesos selectivos para contratar a seis persoas desempregadas para os seguintes postos: 2 xardineiros/as, 2 oficiais de primeira de albanelería, un/ha peón de obra pública e un/ha traballador/a forestal. As contratacións realizaranse ao abeiro do programa PEL Concellos Reactiva 21 da Deputación da Coruña, que financia parte das contratacións. 

Os postos cubriranse polo sistema de concurso-oposición e os contratos serán a xornada completa por unha duración de oito meses. As bases que rexerán cada convocatoria publicáronse o xoves 8 de abril na web municipal e no taboleiro do Concello. Pódense consultar premendo aquí

Para participar no proceso selectivo hai que presentar unha instancia que se pode descargar das bases. O prazo para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo é de cinco días hábiles dende o día seguinte ao da publicación das bases que rexen as convocatorias. Deste xeito o prazo de presentación de solicitudes vai do venres 9 ao xoves 15 de abril de 2021. 

O persoal de xardinería e obras integrarase nas brigadas de servizos básicos e obras mentras que o traballador forestal estará integrado na área de promoción económica. 

Para poder participar nestes procesos selectivos, entre outros requisitos que se poden consultar na convocatoria, hai que estar en situación de desemprego na data de iniciodo proceso selectivo e atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral: mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes, maiores de 45 anos, persoas desempregadas de longa duración (aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego), persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual o superior ao 33%, persoas en situación de drogodependencia, persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego,persoas con fogar monoparental/monomarental, persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais, persoas vítimas de violencia de xénero ou persoas sen fogar.

Podes consultar a información sobre as catro convocatorias premendo aquí

Convocatoria do proceso selectivo de xardineiro/a 

Convocatoria do proceso selectivo oficial de primeira de albanelería

Convocatoria do proceso selectivo de peón de obra pública

Convocatoria do proceso selectivo de traballador/a forestal

leña