O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O alcalde de Teo, Rafael Sisto, e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, estiveron esta mañá na canteira da Casalonga para impedir un novo atropelo por parte da empresa Toysal. A primeira hora da mañá operarios da empresa pretendía pechar cun cerramento de seis metros a pista municipal que cruza a canteira da Casalonga.
Segundo explica o alcalde "en canto nos demos conta da intención da empresa achegámonos alí para impedir que se realizase a ilegalidade de pechar un camiño público". Sisto destaca "a responsabilidade directa da Dirección Xeral de Minas que, coas súas decisións arbitrias envalentona aos propietarios da concesión mineira". Minas comunica ao Concello a semana pasada que pecha o expediente de caducidade da concesión mineira que eles mismo tramitaban dende o ano pasado co agravante de que lle nega á administración municipal a condición de interesado no procedmeento. E tres días despois Toysal "busca unha nova provocación co intento de peche dun viario municipal, unha sucesión de cousas que dende logo no parece casual" indica o rexedor teense.
Dende o Departamento de Urbanismo xa se ditou esta mañá un Decreto de paralización das obras de peche e a reposición da legalidade dirixido á empresa Toysal. A media mañá, coa presenza na Casalonga das forzas de seguridade ademais de representantes da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, conseguiuse que por parte da empresa se pararan os traballos de peche. No decreto a maiores pídese que que se retiren os materiais e maquinaria empregados para a execución das obras.
O alcalde e a concelleira de Urbanismo ademais de representantes da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos teñen unha xuntanza esta mesma semana coa Directora Xeral de Medio Ambiente, Sagrario Pérez, para interesarse pola situación da tramitación no novo plan de restauración que debe facer Toysal. Lembramos que neste momento Minas permite a Toysal manter unha actividade mineira na concesión da Casalonga, pendente aínda de presentar un novo plan de restauración que a lexislación lle esixe.