O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Departamento de Desenvolvemento Local e Turismo acaba de publicar a concesión provisional das axudas do PEL reactiva, un programa de apoio a autónomos e pequenas empresas que se realiza co cofinanciamento da Deputación da Coruña. As solicitudes presentáronse durante o mes de novembro e neste momento publícase a lista coa proposta provisional de concesión.
Presentáronse 170 solicitudes de axuda, das que se admitiron por cumplir coas condicións da convocatoria 149. Unha vez baremadas acórdase conceder 147 axudas por un importe de 286.500 euros. Esta proposta de concesión ten un prazo de alegacións ata o 5 de febreiro. Unha vez rematado e resoltas as reclamacións publicarase a concesión definitiva.
O PEL Reactiva Teo é un plan impulsado pola Deputación da Coruña e os concellos de menos de 50.000 habitantes ao que Teo se adheriu para tentar minimizar os efectos da pandemia entre as empresas que viron afectada a súa facturación nos últimos meses. No caso de Teo o fondo é de case 300.000 euros e logo da baremación queda repartido do seguinte xeito: 73 axudas de 1.500 €; 26 axudas de 2.000 €; 38 axudas de 2.500 € e 10 axudas de 3.000 €.
O reparto de fondos fíxose, atendendo ás bases da convocatoria seguindo a seguinte clasificación por grupos:
As solicitudes de axudas admitidas encadradas no Grupo I son 93 cun importe de 180.500 euros.
As solicitudes de axudas admitidas encadradas no Grupo II son 32 cun importe de 47.000 euros.
As solicitudes de axudas admitidas encadradas no Grupo III son 24 cun importe de 59.000 euros.
Dende o Departamento de Desenvolvemento Local, dirixido por María López, destacan que a previsión de publicación da resolución de concesión definitiva das axudas é o 12 de febreiro. Dende ese momento ábrese un prazo ata o 31 de marzo para que as empresas poidan facer a xustificación, conforme ás indicacións que se explicarán na concesión definitiva. O remate da tramitación de xustificación ante a Deputación será a finais de maio deste ano.
Podes consultar a lista de concesión completa premendo aquí