O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Deputación da Coruña publicou no BOP do 31 de marzo o prazo de pago voluntario do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica que vai dende o 1 de abril ao 15 de xullo, ambos inclusive. No caso dos recibos domiciliado o cargo está previsto para o 15 de xuño. Se os recibos non están domiciliados hai que facer o pagamento co recibo que chega por correo postal antes do 15 de xullo.
Os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobro, con importes diferentes:
O pago pode realizarse na caixa das seguintes endidades: Abanca, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, Banco Sabadell, Banco Santander e Caixabank no horario normal de atención ao público das oficinas. Tamén se poderá facer no caixeiro ou por internet (se a entidade bancaria dispón dese servizo).
Por outra banda e segundo adiantou xa a Deputación o prazo de cobro dos recibos do IBI, lixo, vados e impostos de actividades económicas e terrazas este ano adiantarase ao 1 de agosto aínda que rematará, como é habitual, no mes de novembro. Estes prazos están pendentes aínda de publicar no BOP.
Copia dos recibos
As persoas ás que non lle chegue o recibo ou non detecten os cobros na súa conta o 15 de xuño poden enviar un correo electrónico cos seus datos a intervencion@teo.gal para solicitar unha copia. Lembramos que para a atención neste servizo é preciso cita previa polo que se recomenda chamar ao número 981 940 519 antes de acudir ás oficinas municipais xa que moitas das xestións relacionadas co cobro dos recibos pódense solucionar por teléfono ou correo electrónico.
Os datos de contacto de información tributaria da Deputación, na que tamén se poden realizar estas consultas son os seguintes: o correo electrónico atencion.tributaria@dacoruna.gal e o teléfono gratuíto 900 132 204.Tamén poderá facer xestións e consultas a través da Oficina Virtual Tributaria (https://www.dacoruna.gal/servizos-tributarios/oficina-virtual) ou na Sede electrónica da Deputación (https://sede.dacoruna.gal). Cando sexa posible a atención presencial, esta realizarase só mediante CITA PREVIA. Dende o día 8 de xullo, inclusive, non se enviarán novos documentos de ingreso por correo postal.
O Concello ten delegada a recadación dos impostos municipais na Deputación da Coruña.
Plan individualizado de pago
Este ano como novidade a Deputación tamén permite facer un plan individualizado de pagos de acordo co publicado no BOP número 58 do 29 de marzo de 2021. Esta modalidade permite fraccionar o pago dos impostos municipais en 10 mensualidades e pódese pedir para un ou para varios dos impostos. Os modelos oficiais de solicitude pódense descargar premendo aquí
Tamén se habilita a posibilidade de que o importe dos recibos, durante o período habitual de pago, se carguen en dous prazos. Para que se xire deste xeito tamén hai que solicitalo e e ter os recibos domiciliados.