O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O pleno decidirá sobre a prórroga do contrato das piscinas municipais

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 31 de marzo nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. Tamén se poderá ver por streaming a través da canle de youtube do Concello premendo aquí

Un dos puntos máis destacados será o que se refire ao servizo de xestión das piscinas municipais. A empresa xestora solicitou unha prórroga do 15% da duración do seu contrato para reequilibrar as perdas que tiveron durante o estado de alarma. Este é un mecanismo de compensación que lle recoñece o Real Decreto Lei 8/2020 de 17 de marzo de medidas urxentes para facer fronte ao impacto da Covid-19. Deste xeito, se o pleno aproba a solicitude da empresa, prorrogaríase o contrato actual 14 meses e a piscina mantería a mesma xestións e as mesmas condicións de funcionamento ata xuño de 2022. 

Na sesión tamén se votará unha prórroga do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria do Concello así como unha moción do BNG sobre o incremento dos abusos bancarios entre outros asuntos. 

A orde do día ten os seguintes puntos: 

  1. Aprobación das actas das sesións ordinaria do 30/12/2020 e ordinaria do 27/01/2021. 
  2. Dación de contas das resolucións da alcaldía (da 206/21 á 301/21). 
  3. Dar conta do cumprimento do artigo 104 Bis da lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual. 
  4. Ditame da proposta da alcaldía de modificación do regulamento de organización e funcionamento das escolas infantís municipais do Concello de Teo. 
  5. Ditame da proposta da alcaldía de prórroga do contrato de xestión do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria no Concello de Teo. 
  6. Ditame da proposta da alcaldía de modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos públicos. 
  7. Ditame da proposta da alcaldía de reequilibrio económico do contrato de xestión de servizos das piscinas municipais do Concello de Teo. 
  8. Ditame da proposta de alcaldía de resolución do recurso de reposición interposto por Aquafit Gestión S. L. contra o acordo plenario de data 30/12/2020 polo que se desestima a solicitude de declaración de imposibilidade parcial de execución do contrato de xestión de servizos de piscinas municipais do Concello de Teo. 
  9. Ditame da moción do grupo municipal do BNG sobre incremento dos abusos bancarios contra as persoas consumidoras e o deterioro dos servizos financeiros en Galiza. 
  10. Mocións. 
  11. Rogos e preguntas. 
Casa do Concello