O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A corporación teense reúnese este mércores 3 de marzo na sesión ordinaria correspondente ao mes de febreiro. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. Tamén se poderá ver por streaming a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.
O punto máis destacado da orde do día é a proposta de Orzamento municipal para este 2021. As contas teñen uns ingresos e gastos previstos de 21.670.301 euros. Trátase dunhas contas expansivas xa que os orzamentos actuais eran de pouco máis de 16 millóns de euros. Para este ano recóllese un anexo de investimentos de sete millóns de euros, con obras centradas na mobilidade sostible, apoidas moitas delas con subvencións de fondos europeos.
Ademais as contas garanten "o mantemento dos servizos esenciais e programas que están funcionando con aumentos de fondos para capítulos tan importantes coma os Servizos Sociais, básicos neste momento de pandemia" explica o alcalde e responsable da área económica, Rafael Sisto. De feito o orzamento destinado a Servizos Sociais e asistencia a dependentes ten un incremento do 25% pasando de 2.100.000 euros no último orzamento a 2.600.000 euros nesta proposta. Neste apartado de ingresos encáixase o POS adicional para gastos sociais impulsado pola Deputación da Coruña.
Destaca tamén o apoio ao tecido asociativo para o que se contemplan subvencións directas que se achegan aos 200.000 euros.
Fondos IDAE
No capítulo de investimentos, que supera os sete millóns de euros recóllense obras financiadas polo IDAE a través dos fondos Feder. O gasto destas obras está orzamentado en 4.100.000 e está previso a súa execución maioritaria neste ano. Deste xeito aquí contémplanse obras de sendas nas parroquias do sur do Concello, traballos de accesibilidade en edificios públicos, o proxecto de camiños escolares seguros no entorno do colexio de Calo así como un plan de mellora da calidade ambiental e eficiencia enerxética da mobilidade rodada en Teo. Estas actuacións teñen unha subvención do 80% mentras o 20% se asume con fondos propios.
Ademais desto tamén haberá investimentos importantes a través dos plans provinciais e outras obras menores subvencionadas pola Xunta de Galicia.
REC
Na sesión ademais votarase un recoñecemento extraxudicial de crédito de 364.000 euros, nas que a inmensa maioría das facturas son de gasto eléctrico. O ano pasado aprobouse un rec similar que provocou un desaxuste na partida de referencia de gasto enerxético. Ao non aprobar uns novos orzamentos no 2020 este desaxuste non se puido corrixir polo que a final de ano houbo parte da facturación que quedou fóra do orzamentado outra vez. Nas novas contas que se votarán na sesión de mañá xa se aumenta esa partida para ir corrixindo este tema.
No pleno debateranse varias mocións presentadas polos grupos sobre a xestión do comedor dos Tilos, o 8M, a AP-9 ou a UCI do Chus entre outros temas.
A orde do día completa: