O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O prazo de pagamento do Diverteo Nadal remata o 10 de decembro

| compartir:

O Departamento de Benestar publicou as listaxe provisionais do Diverteo Nadal, que funcionará nos colexios de Calo, Os Tilos e A Ramallosa durante as vacacións escolares. A adxudicación de prazas aparece identificada co número de rexistro de entrada da solicitude, para evitar o uso dos datos persoais dos/as menores. 

Podes consultar a convocatoria completa e as listaxes premendo aquí

Novidades sobre o pagamento 

Sobre o pagamento a partir desta edición do Diverteo hai novidades. O pagamento pode facerse do 1 ao 10 de decembro.

As persoas solicitantes recibirán no seu correo electrónico o documento de autoliquidación para efectuar o pagamento no caso de que desexe continuar coa súa solicitude. 
O pagamento desa autoliquidación pódese facer en ABANCA (ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático) ou na súa banca electrónica (en caso de ser cliente) da referida Entidade. 

A través da pasarela de pagos que o Concello de Teo ten coa Entidade financeira Abanca no seguinte enlace (https://ovt.teo.gal/portalCiudadano) dentro do apartado pago telemático/mediante documento de pago. Para o pago poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira. Para realizar os pagamentos por este procedemento debe introducir ou ben os números que figuran debaixo do código de barras do documento de pago e darlle a cargar datos (revise os datos antes de pagar) ou ben cubrir os datos de emisora, referencia, identificación e importe a ingresar, que aparecen no documento de pagamento. A plataforma de pagamento pediralle toda a información necesaria. Unha vez completos os datos deberá darlle a pagar recibo e elixir pago con tarxeta e introducir os datos da mesma.
 

Unha vez efectuado o pago, deberá remitir a este enderezo electrónico concilia@teo.gal o xustificante correspondente, antes do 13 de decembro.

 

Diverteo